Os veciños de Poio mostraron o seu desacordo co peche do carril na Ponte da Barca

PONTEVEDRA > A Ponte da Barca xa conta cun carril único, polo que dende agora só se poderá circular dende Pontevedra cara Poio. A medida, que durará ata finais de marzo, non foi ven acollida por algúns veciños de Poio, que denuncian ser os máis prexudicados con este corte.

Cabe recordar que o Concello de Pontevedra prohibiu os traballos nocturnos polas queixas dos veciños da Boa Vila, sen embargo, agora son os de Poio os que denuncian o impacto negativo do corte do carril na Ponte da Barca. Pero como di o refrán, nunca chove a gusto de todos.