O Rei Felipe VI preside a entrega de Reais Despachos en Marín

Pontevedra> O Rei Felipe VI presidiu na fin de semana a entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín. Un acto onde tamén estivo presente a Ministra de Defensa e o presidente da Xunta de Galicia, entre outras autoridades. Un evento onde se fixo entrega de 196 despachos e tivo lugar a xura de bandeira de 67 alumnos de primeiro curso. Por segunda vez en pouco máis dun mes, o rei Felipe VI presidiu un acto na Escola Naval Militar de Marín. Primeiro foron os actos do 300 aniversario da Real Compañía de Guardamarines e agora a entrega de Reais Despachos aos novos oficiais da Armada coincidindo coa festividade do día do Carme. O rei pasou revista ao batallón de alumnos e saudou ás autoridades civís e militares presentes, ademais fixo entrega dos 196 despachos e a xura de bandeira de 67 alumnos de primeiro curso. Felipe VI aproveitou a súa presenza en Marín para visitar o buque Juan Sebastián Elcano que estaba atracado no peirao da Escola Naval. Un acto que concluíu co himno da Armada e o tradicional desfile do batallón de alumnos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí