Silva cree que Feijóo é un novo membro do consello de administración de ENCE

Pontevedra> A presidenta da Deputación amosouse abraiada ante as declaracións que o presidente da Xunta deixou en Pontevedra esta semana. En primeiro termo, porque lembrou, que a conservación do Pazo de Lourizán é competencia da Xunta mediante convenio, non precisa o goberno ningunha transferencia para investir nel. E en segundo lugar, Silva non entende as voltas, que en materia de ubicación, o Goberno Galego está tendo coa planta de biomasa de Ence. A presidenta da Deputación criticou duramente as palabras que o presidente da Xunta en Pontevedra. En relación ao Pazo de Lourizán. Silva ten claro que é compentencia da Xunta a conservación deste espazo e que é o Goberno galego o que ten que poñer xa en marcha un centro de investigación neste espazo. En relación á planta de biomasa de ENCE, Carmela Silva di que lle causa risa o teatro que o PP está relalizando con este espazo, primeiro Pontevedra, logo Cotobade, logo a empresa di que Cotobade non… A presidenta cree que Feijóo é un novo membro do consello de administración de ENCE pero que non está realizando ben o seu traballo. En relación a outros asuntos, a presidenta incidiu na necesidade de que o Goberno Central axude as familias das vitimas de violencia de xénero. Silva considera unha vergoña que os veciños de Chapela teñan que vender rifas para restaurar a casa na que vivía a muller que foi asasinada cunha explosión no seu fogar. Unha restauración necesaria para que o fillo, orfo, poida recuperar o seu fogar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/silva_actualidade_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/17/silva_actualidade.mp4{/flowplayer}