Pola igualdade no deporte

PONTEVEDRA > O alumnado do campus de Pontevedra lanza unha campaña para o 8 de marzo co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia do papel da muller no deporte.

Dende a Asociación Nacional de Estudantes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, poñen en marcha a campaña #SoyMujerSoyDeporte co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres do territorio nacional no ámbito deportivo.

Este é o segundo ano consecutivo que o campus da cidade colabora coa campaña e están levando a cabo diversas actividades para dar visibilidade e buscar repercusión nas redes.

Este ano, á iniciativa anterior sumóuselle a venta de pulseiras co mesmo lema reivindicativo.

Ata o de agora levan vendidas arredor de 3.000 pulseiras por toda España e prevén vender outras 2.000 máis.

A Anecafyde desenvolverá do 27 ao 31 de marzo na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a súa décimo oitava asamblea con talleres e mesas de debate que xirarán en torno a temas relacionados coa titulación de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

 

Comments are closed.