A cultura lusófana será a protagonista do Salón Internacional do Libro

PONTEVEDRA> O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celebra este ano a súa vixésima edición. E o fai coa cultura lusófona como a gran convidada. A Pontevedra chegarán de Brasil, de Angola e de Portugal, 23 profesionais da escritura, da ilustración e da mediación que participarán en diversos obradoiros, charlas e recitais.

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil quere seguir sendo unha porta aberta de cara ao mundo. Nesta vixésima edición, unha delegación de 23 profesionais da lectura, da ilustración e da mediación representarán a cultura convidada deste ano, a lusófona.

Baixo o lema Revolución, o Salón pretende ofrecer unha gran panorámica da lusofonía, e por iso haberá contacontos, obradoiros, talleres e recitais que traspasarán o Pazo da Cultura e chegaran ata as librarías da cidade.

No Sexto Edificio do Museo haberá unha exposición retrospectiva que durará ata finais de abril. Tamén haberá actuacións musicais e representacións de películas lusófonas. Por outra banda, a gastronomía local incorpórase tamén ao evento.

No Salón haberá un espazo gastro-literario que ofecerá obradoiros de cociña lusófona para os rapaces e as rapazas da cidade.

O evento que comeza o día 22 de marzo e que se prolongará ata o 12 de abril contará con 23 persoas convidadas que intentarán que Pontevedra se converta nunha revolución do mundo da lusofonía.

Comments are closed.