Bertín Osborne, Xoel López ou Loquillo porán a música ás Festas da Peregrina

PONTEVEDRA> Xa coñecemos os nomes do cartel que animará as festas da Peregrina. Durante unha semana, Pontevedra encherase de actividades e actuacións para celebrar as festas da súa patroa. Con contidos para todos os gustos, pola capital pasarán recoñecidos cantantes como Bertín Osborne, Dvicio, Loquillo ou Xoel López.

 

Dende este sábado ata 3 de setembro, Pontevedra estará en festas. O concello presentou esta mañá a programación para este verán, con actividades para todos os gustos.

A Banda de Música de Salcedo e a Banda Municipal de Narón abrirán o programa do verán dende a Praza do Teucro. A Feira Franca será a que despida o estío pontevedrés. Pero como todos os anos a semana grande será no mes de agosto, coas Festas da Peregrina.

Entre os nomes máis coñecidos destacan Dorian, que actuará o sábado 13, Xoel López o domingo 14 ou Bertín Osborne, encargado de amenizar a noite do luns 15. Izal, Treixadura ou DVicio presentarán a súa música entre o 16 e o 20. O rockeiro Loquillo encargarase da despedida das Peregrinas 2016. Actuacións de primeira liña que, coma sempre, serán de balde.

O Memorial Ricardo Portela, a romaría de San Bieito de Lérez, o ciclo Cultura no Camiño ou o Festival de Jazz, que se celebrará entre o 13 e o 18 de xullo, son outras das citas que encherán a axenda dos pontevedreses este verán.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_festas_veran_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/30/ptac_festas_veran_pontevedra.mp4{/flowplayer}