Máis dun centenar de nadadoras participarán no Campionato Galego de Natación Artística

PONTEVEDRA> A Piscina Olímpica Rías do Sur de Ponte Muíños acollerá esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Artística de Inverno. O evento reunirá a máis de 120 nadadoras de toda Galicia.

Pontevedra converterase na capital da natación artística esta fin de semana. 6 clubs de toda Galicia daranse cita na Piscina Olímpica Rías do Sur de Ponte Muíños para participar no Campionato Galego de Inverno.

O Campionato reunirá a 128 nadadoras de toda Galicia. Unha cifra alta de participación que provoca que as probas se teñan que desenvolver en dúas xornadas.

Os que se acheguen ata Ponte Muíños, poderán desfrutar de rutinas combinadas, probas técnicos e probas libres. Para os clubs que participarán a finais de marzo no Campionato de España, este será un examen previo.

Unha proba que ten un nivel de exixencia moi alto e no que participarán tres clubs da provincia de Pontevedra: o Galaico Sincro, o Sincro Pontevedra e o Náutico de Vigo.