AMAL en ruta aterra en Pontevedra do 4 ao 9 de setembro

Pontevedra> Amal en ruta aterrará no Teatro Principal de Pontevedra dende o 4 ao 9 de setembro. Unha cita que achegará á capital de provincia 7 traballos da última edición deste festival de cine euro árabe. Un evento que proxectará estes traballos de balde e con sesións ás nove da noite. Un ano máis chega a Pontevedra o Amal en Ruta, unha cita que achega á cidade do Lérez alguns dos mellores traballos que nos deixou a última edición do festival de cine euro árabe Amal. Do 4 ao 9 de setembro o Teatro Principal acollerá 4 películas de ficción, dous documentais e unha curtametraxe, deste cine comprometido, que nos achega a unha realidade social, cultural e política do mundo árabe. Case sen querelo, a protagonista desta cita cultural será a muller, xa que todas as películas desta décimo sexta edición están dirixidas ou protagonizadas por mulleres. Xa o saben do 4 ao 9 de setembro poden desfrutar dunha nova edición do Amal en Ruta en Pontevedra.