Os expertos analizan os novos modelos e formatos dos debates electorais televisados

PONTEVEDRA> A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolleu hoxe o “I Congreso Internacional sobre Debates Electorais Televisados e Novas Formas de Comunicación Política”. O obxectivo deste evento é crear un manual sobre debates electorais en España que poida servir de referencia a todas as televisións. No acto participaron expertos como o exministro e exsecretario do PSOE, José Blanco, ou a exsecretaria do Estado de Comunicación, Carmen Martínez.

Elaborar un manual sobre debates electorais que sirva de referencia a todas as televisións españolas, tanto públicas como privadas. Ese é o obxectivo principal deste evento. A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolleu hoxe o I Congreso Internacional sobre Debates Electorais Televisados e Novas Formas de Comunicación Política. Un evento no que houbo diferentes conferencias e mesas de debate nas que expertos e profesionais reflexionaron sobre o presente e o futuro deste sector.

Por este congreso pasaron en total 15 poñentes, dende un dos maiores expertos nos debates electorais de Estados Unidos, Alan Schroeder, ata a ex secretaria do Estado de Comunicación, Carmen Martínez ou o exministro e exsecretario de Organización do PSOE, José Blanco. Todos eles analizaron a evolución destes debates televisados nos últimos anos e falaron da irrupción das coñecidas como “segundas pantallas”.

O obxectivo deste evento era poder crear un modelo de referencia para todos os debates televisados.  E para iso diferentes expertos deron a súa opinión sobre cales son os modelos e os formatos que mellor se adaptan aos novos tempos.

Un congreso que pechou xa as súas portas e no que se estableceron as bases sobre as que se deberían configurar os vindeiros debates electorais. Debates como os que se celebrarán proximamente coas eleccións xerais.