A camelia, a flor de Galicia

PONTEVEDRA> Xa está todo listo para que arrinque unha nova edición do Concurso Exposición Internacional da Camelia. Un evento que cada ano acolle a centos de persoas e para o que a Deputación de Pontevedra está preparando numerosas sorpresas e novidades. Entre elas, diversas xornadas técnicas e un showcooking a cargo do cociñeiro Iñaki Bretal.

As camelias encherán de beleza e de cor a cidade de Pontevedra esta fin de semana. Porque chega o Recinto Feiral a quincuaxésima quinta edición do Concurso Exposición da Camelia. Un evento que cada ano atrae a máis persoas e que contará con 60 expositores.

A camelia xa se coñece como a flor de Galicia, pero a Deputación quere que se converta nun dos cultivos esenciais deste país e que esta exposición faga que Pontevedra sexa un referente a nivel mundial neste sector.

Entre as novidades máis destacadas, este ano haberá dúas xornadas técnicas en torno as patoloxías e afeccións da camelia e do seu cultivo en zonas forestais. Porque en definitiva os usos da camelia son infinitos.

Ademais, a camelia tamén é moi utilizada no mundo da cosmética.

Tras o éxito da anterior edición, a exposición volverá a repetir o showcooking que estará a cargo do cociñeiro de O Eirao da Leña, Iñaki Bretal e levará a cabo a presentación do libro “Xardíns históricos na provincia de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra espera superar todas as expectativas e que este concurso supere aos 7.000 visitantes que se achegaron ata o Recinto Feiral na última edición.