“A compostaxe é un fracaso e un despilfarro”

PONTEVEDRA> O Partido Popular levará ao Pleno municipal unha moción na que solicitarán a paralización do proceso de implantación do compostaxe comunitario en Pontevedra. O grupo local considera que este modelo é un fracaso e piden explicacións ao Concello sobre o incremento de residuos a Sogama.

O Partido Popular solicitará no próximo Pleno municipal a paralización do proceso de implantación do compostaxe comunitario na Boa Vila. Así o anunciou esta mañá Rafa Domínguez, que asegurou que o modelo de recollida de residuos é un auténtico fracaso.

O portavoz do Grupo Popular pide explicacións ó Concello de Pontevedra sobre os terreos alugados en A Canicouva nos que se ía a construír unha planta de compostaxe.

Rafa Domínguez asegurou que o Concello envía cada ano máis residuos a Sogama, unha proba máis, segundo o portavoz popular, de que o modelo de compostaxe non está funcionando correctamente.

Os populares denuncian que o goberno local non destinase o millón e medio de euros que leva invertidos na compostaxe noutros asuntos, que segundo eles, son máis urxentes para os cidadáns.

Rafa Domínguez pide ó alcalde que recapacite sobre este modelo e reitera…

O Partido Popular asegura que a súa proposta de recollida de residuos porta a porta é unha alternativa ó compostaxe moito máis eficiente, barata e ecolóxica. Por iso, levarán a cabo reunións con diferentes colectivos e veciños para explicar este novo modelo que actualmente funciona noutras cidades.