Pontevedra recupera parte do seu Entroido: haberá pregón, murgas e queima do Ravachol

PONTEVEDRA> Este ano si haberá Entroido en Pontevedra. A cidade recupera eventos tradicionais destas datas, como o pregón, as murgas e o Ravachol. Todo, iso si, en formato reducido para axustarse aos protocolos de control da covid19. Un ano máis, caen da programación o desfile, a Mostra da Parodia e a Noite Pirata.

Pontevedra recupera parte do seu Entroido. Este ano a cidade terá festas, pero todas as citas estarán marcadas polos protocolos anticovid.

Da programación tradicional, mantense o pregón que se celebrará nun espazo acotado e perimetrado. Tamén recupéranse o concurso de murgas no Pazo da Cultura e a queima do Loro Ravachol.

As citas que caen do programa este ano son o desfile e a Noite Pirata. O primeiro substituirase por pasarrúas. A segunda, por ambientación nas rúas pontevedresas.

A programación completa darase a coñecer nos vindeiros días. Si adiantou hoxe Gulías é que haberá unha festa infantil e actividades complementarias, como unha exposición de carteis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí