Unha Noitevella chea de “brilli brilli”

PONTEVEDRA> A Noitevella é sen dúbida unha das noites máis especiais do ano. Porque fronte a outras datas máis familiares como a Noiteboa, a de hoxe é sinónimo de celebración, de cotillón e de grandes eventos. Esta mañá achegámonos ata as tendas de Pontevedra para saber cales son as tendencias que máis se repetirán nas salas de festa.

Chegou unha das noites máis especiais do ano. Toca sacar as mellores galas do armario e dar a benvida ao 2020 como se merece. E para iso, non pode faltar…

Porque o brillo e os abelorios son sen dúbida unha das opcións máis repetidas cada Noitevella. E aínda que os vestidos seguen a ser a gran estrela de fin de ano, esta vez serán moitas as mulleres que se decidan polo traxe. Iso si, para as que non queiran deixarse a carteira nestas festas, sempre está a opción dos complementos.

Eles normalmente o teñen máis doado. Pero a principal dúbida sempre é se escoller a bolboreta ou a gravata.

En canto o color, este ano o máis repetido tanto para eles como para elas será…

Sexa cal sexa a elección, non esquezades o abrigo porque as temperaturas baixarán e moito nesta primeira noite de 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí