‘Ramonas on tour’ revoluciona Pontevedra

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá o espectáculo “Ramonas on tour”. Unha actividade que a institución provincial pon en marcha ó arredor da folga feminista do 8 de marzo e coa que se pretende dar valor ó papel das mulleres no mundo da cultura.

O camión das “Ramonas on tour” chega a Pontevedra para levar o feminismo por toda a provincia a través da música rock. A protagonista desta actividade, organizada pola Deputación de Pontevedra, é a banda Ramonas. Este grupo, composto por mulleres, ten como inspiración ás mulleres zapatistas de 1993 e as bandas de punk de 1991.

A xira de “Ramonas on tour” pasará pola Boa Vila o día 22 de marzo. Nesta xornada desenvolveranse dúas actuacións musicais, obradoiros xuvenís sobre relacións tóxicas e igualdade, conferencias sobre o papel da muller no mundo da cultura e unha exposición sobre a muller e a música.

Na presentación desta xornada, a presidenta da Deputación aproveitou para lembrar que o feminismo é un movemento filosófico que pertence ás mulleres e non debe ser considerado como un movemento partidario.

A xira “Ramonas on tour” é unha das principais actividades que organiza a Deputación de Pontevedra arredor da folga feminista do 8 de marzo. Pero non é a única.  A institución provincial levará a cabo ó longo do meses de abril e maio dúas xornadas sobre “Muller e poder” e “As mulleres crean” para seguir loitando por un mundo onde as mulleres e os homes teñan os mesmos dereitos.

Comments are closed.