Combarro, candidato a converterse no pobo máis bonito de España

Pontevedra>Esta mañá tivo lugar a presentación da candidatura de Combarro para a acción “Luce tu Pueblo” de Ferrero Rocher. Unha aposta desta empresa, na que compite con outros 5 pobos de España. Xa poden votar por Combarro a través de www.ferrerorocher.es/lucetupueblo, o día 16 de decemebro coñecerase a nome do pobo gañador. Que Combarro é un dos pobos máis bonitos de Galicia é algo obvio pero que se pode converter no máis fermoso de España é dende hoxe unha realidade coa súa candidatura para a acción Luce tu pueblo de Ferrero Rocher. Unha actividade que levan realizando 4 anos e que consiste no seguinte. Combarro competirá con Grazalema, Vilafamés, Ezcaray, Sos del Rey Católico y Guadalupe. O premio consiste na promoción nunha televisión de ámbito nacional en prime time de Combarro e na iluminación especial de Combarro a cargo de Ferrero Rocher. Dende o concello amosáronse máis que satisfeitos con poder estar presentes nesta cuarta edición de Luce tu Pueblo. E dende o concello de Poio tamén amosaron o seu agradecemento á empresa por elixir a Combarro como un dos pobos máis bonitos de España. Dende xa e ata o 15 de decembro pode votar para que Combarro se luza dunha maneira especial neste Nadal a través da web www.ferrerorocher.es/lucetupueblo o día 16 de decemebro coñeceremos o gañador deste distintivo e dende esa xornada ata pasado o Nadal esa iluminación especial estará presente grazas á empresa Ferrero Rocher.