O loro Ravachol únese á loita pola igualdade

PONTEVEDRA> O Ravachol uniuse tamén a loita feminista. Centos de persoas reuníronse na Praza da Peregrina para ver o disfrace co que este ano será incinerado o vindeiro sábado. O loro que protagoniza o Entroido pontevedrés foi ataviado cunha camiseta e un lazo morado que simboliza a loita pola igualdade e cun cartel co lema “Contra o machismo, lume”.

O loro máis coñecido convértese este ano no loro máis reivindicativo. Cunha camiseta e un lazo color morado e cun cartel co lema “Contra o machismo, lume”, o Ravachol únese na loita por unha sociedade mellor e contra a lacra da violencia de xénero.

Cada ano, a Irmandade do Ravachol elixe un tema de actualidade a partir do cal elaboran un disfrace co que se enterra o loro. Unha tradición que cada ano levanta máis expectativas na cidadanía.

O Ravachol é sen dúbida o protagonista destas festas. O sábado será o seu gran día.

Dende a súa morte, o luns de Entroido do ano 1913, o loro Ravachol converteuse nunha das figuras fundamentais nestas festas, e como non podía ser doutro xeito, este ano únese tamén ao movemento feminista do 8 de marzo. Agora solo queda agardar que o tempo permita a todos os pontevedreses asistir o enterro do loro máis famoso do mundo.

Comments are closed.