PONTEVEDRA> O tanatorio de Pontevedra renova as súas instalacións. O centro mellorou as salas para aumentar a comodidade das familias nuns momentos tan difíciles. A principal novidade é a creación dun salón para a celebración de actos personalizados.
Nos temos que corren hoxe en día, toda empresa ten que actualizarse. E o tanatorio de Pontevedra – San Mauro non ía a ser menos. O centro renovou as súas instalacións para adaptalas as últimas innovacións e mostra agora un aspecto totalmente moderno e novidoso.
Son moitas as melloras que a empresa realizou no centro. A principal é unha gran sala con tódalas actualizacións necesarias para que as familias poidan celebrar actos de despedida personalizados. Tamén se aumentaron as salas e se renovaron para que os familiares poidan estar nun ambiente cómodo e tranquilo.
Todas estas renovacións están pensadas para axudar ás familias nun momento tan difícil.
Ademais o tanatorio tamén aumentou os aparcamentos, pasando de 70 a 170 prazas e incluíndo zonas privadas para os familiares. Outras das melloras teñen que ver coas zonas exteriores e coa planta baixa onde se adaptaron espazos para que as familias traballen coas aseguradoras. Dende a empresa resaltan o seu agradecemento e compromiso con Pontevedra e os pontevedreses.