PONTEVEDRA> A protesta anual da Asociación pola Defensa da Ría contra ENCE muda este ano de formato. En lugar da tradicional marcha, a APDR convoca este ano unha manifestación polas rúas de Pontevedra. Será o 24 de maio ás 12 e media do mediodía con saída e chegada da Alameda. Con ela, o colectivo busca reclamar o enterro definitivo do proxecto de Altri en Palas de Rei.
A tradicional marcha contra ENCE en Pontevedra convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría mudará este ano de formato. Converterase nunha manifestación polas rúas da cidade cunha posterior festa para celebrar o arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei. Será o 24 de maio ás 12 e media do mediodía, con saída e chegada dende a Alameda.
Dende a APDR celebran tamén un novo regulamento europeo que podería acurtar a permanencia de ENCE na ría de Pontevedra, xa que afectaría ás concesións en dominio público marítimo terrestre.
Na convocatoria do 24 de maio a APDR contará coa Plataforma Ulloa Viva. O seu presidente Juan Sánchez coincide con Masa á hora de sinalar a presión social como un dos motivos do arquivo do proxecto de Altri. Pero advirte: non pararán ata conseguir que se desbote por completo.
A plataforma ten en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta de Galicia que denegue definitivamente o proxecto de Altri.










