Tres alumnas do IES Monte da Vila á final do Young Business Talents

O GROVE> Tres alumnas do IES Monte da Vila de O Grove clasifícanse para a final do Young Business Talents, un torneo nacional no que a través dun simulador teñen que demostrar a súa xestión empresarial. A final disputarase en Madrid o 4 de Abril.

Despois de catro meses de competición, Natalia Romero, Érika González e Emilia Rodríguez conseguiron clasificarse para a final do Young Business Talents. Un simulador de empresas no que as protagonistas tiveron que demostrar a súa boa xestión empresarial.

O nome do seu equipo é Fornaigirls e comezaron neste campionato por un traballo de clase de economía.

Tras clasificarse agora viaxarán a Madrid xunto con outros noventa e nove conxuntos. Na primeira rolda terán que superar un grupo formado por cinco equipos.

A pesar da dificultade as Fornaigirls van con moitas ganas de facer un bo papel e tentar superar o mellor posto que recordan do IES Monte da Vila: unha oitava posición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí