O BNG vai “a por todas”

PONTEVEDRA> O BNG presentou esta mañá a súa candidatura para as eleccións municipais. Miguel Anxo Fernández Lores intentará revalidar o seu posto como alcalde da cidade cunha lista que combina a experiencia coas novas incorporacións. A principal, a deputada provincial Eva Vilaverde, que entra na corporación como número tres.

O compromiso co proxecto de Pontevedra e a capacidade de traballo son as bases da nova candidatura do Bloque Nacionalista Galego para as próximas eleccións municipais. A principal novidade da lista presentada esta mañá é ela. A deputada provincial, Eva Vilaverde, entra na corporación como número tres.

Miguel Anxo Fernández Lores preséntase por novena vez como candidato á Alcaldía, pero nesta ocasión o fai acompañado de dúas mulleres na cabeza de saída: Anabel Gulías e Eva Vilaverde. Con elas e co resto de concelleiros, o BNG aspira á maioría absoluta.

O alcalde de Pontevedra quixo destacar a capacidade de sufrimento coma un dos piares fundamentais para a confección desta lista.

A candidatura do BNG ás eleccións combina a experiencia coas novas incorporacións.

Con esta lista, o Bloque Nacionalista Galego intentará seguir avanzando e seguir dando pasos cara adiante.

Comments are closed.