Yolanda Díaz Gallego, historia viva da emigración galega

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra recibiu hoxe a visita de Yolanda Díaz Gallego. Unha galeguista histórica que emigrou no ano 1953 a Uruguai pero que sempre estivo ligada a nosa terra. Unha muller que quere rescatar a memoria histórica da emigración para que ninguén esqueza todo o sufrimento vivido en Galicia na época franquista.

Ela é Yolanda Díaz Gallego, a memoria viva da emigración galega. Unha muller que tivo que abandonar a súa terra durante moitos anos pero que sempre defendeu os intereses do noso país.

Esta galeguista histórica emigrou a Uruguai no ano 1953, onde traballou nun programa de radio en galego. Alí deu a coñecer a nosa terra e a nosa cultura.

Unha muller valente, ligada sempre ao nacionalismo e á figura de Castelao.

Yolanda participou esta tarde no Ciclo Contrariadas, na Casa da Luz, onde tivo a oportunidade de falar da súa vida e da súa experiencia, e tamén, onde deixou claro unha cousa.

Comments are closed.