Dende o concello piden colaboración cidadá co fin de eliminar a vespa asiática mediante o trampeo

Pontevedra > A loita contra a vespa velutina, céntrase, dende o concello, en minorar a súa expansión. Para isto están traballando arreo dende o Grupo de resistencia anti velutina. Un grupo que pide a colaboración veciñal para utilizar a técnica do trampeo co fin de eliminar raíñas de vespa velutina. Unha campaña que se desenvolverá ata finais de xuño.

A presenza da vespa velutina e a súa propagación é algo que continúa preocupando na actualidade. Dende o concello de Pontevedra animan aos veciños a continuar ata finais de xuños ou comezos de xullo coa campaña de trampeo masivo para eliminar raíñas de vespa velutina.

No 2017 o Grupo de resistencia de velutina, conformada por voluntarios e técnicos do departamento municipal de Medio Natural, conseguiron eliminar preto de 500 niños da vespa asiática. Por esta razón continúan pedindo colaboración cidadá, xa que coa primavera é o momento no que as raíñas comezan a saír dos niños primarios para construír novos niños.

O concelleiro de Medio Natiral fixo un chamamento aos veciños e veciñas de Pontevedra para que se sumen ao Grupo de resistencia. Poden facelo chamando ao teléfono do concello 986 80 43 00 e baixo a extensión 7583 7584, que é a de Medio Natural