Mexillonada e música tradicional na praia fluvial para celebrar San Bieito

Pontevedra> Unha vez visitado o santo, toca continuar a xornada festiva con costumes máis mundanas. Os romeiros trasládanse á praia fluvial para desfrutar da mexillonada e as actuacións musicais.

800 kilos de mexillóns e 1200 racións de empanada foron distribuídas ó longo da mañá entre os centos de persoas que se achegaron ata a praia fluvial a celebrar a festa de San Bieito.

Os pontevedreses viviron a xornada por todo o alto, achegándose á praia por tódalas vías. Hai quen incluso rememorou os tempos en que os romeiros arribaban en barco.

Unha xornada festiva que este ano estivo acompañada polo bo tempo, que invitaba a desfrutar do entorno natural do Lérez.

A romaría estivo amenizadas por grupos de música tradicional coma Os Alegres, as Pandeireteiras de Verducido, Xoldra ou os Gaiteiros das Rías Baixas.