Para o BNG de Pontevedra “o mellor está por vir”

PONTEVEDRA> O Bloque Nacionalista Galego realizou xa a presentación oficial da súa candidatura para as próximas eleccións municipais. No acto, o aínda alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, botou a vista atrás para a analizar todo o traballo realizado nestes últimos 20 anos de mandato e mostrouse convencido de que en Pontevedra, o mellor está por vir.

A case dous meses para as eleccións municipais, o BNG de Pontevedra presentou xa oficialmente a candidatura coa que Miguel Anxo Fernández Lores pretende revalidar á alcaldía. No acto, o aínda alcalde da Boa Vila mostrouse satisfeito do traballo realizado nos últimos 20 anos.

No mitin do partido nacionalista tampouco faltaron as referencias ás protestas dos policías locais, dos afectados pola A-57, das eleccións xerais e da saída de ENCE da ría de Pontevedra.

Os candidatos do BNG mostráronse confiados en poder manter, e incluso, superar, os resultados das últimas eleccións municipais.