Rivas Fontán e Pedrosa aseguran que Lores “está convertido nun avó”

PONTEVEDRA> O candidato á alcaldía do Partido Popular, Rafa Domínguez, recibiu esta mañá o apoio dos ex alcaldes José Rivas Fontán e Juan Luis Pedrosa. Ambos destacaron as numerosas capacidades do portavoz popular e falaron da necesidade dun cambio despois de 20 anos de goberno do BNG.

Os ex alcaldes de Pontevedra, José Rivas Fontán e Juan Luis Pedrosa, mostraron esta mañá o seu apoio ao candidato á alcaldía polo Partido Popular. Rivas Fontán e Pedrosa quixeron destacar todas as aptitudes que ten Rafa Domínguez para converterse no próximo alcalde de Pontevedra, a primeira, a idade.

Rivas Fontán tamén quixo poñer en valor á familia do candidato popular.

Os ex alcaldes de Pontevedra aproveitaron a ocasión para enviarlle unha mensaxe a Lores.

Renovación e rexeneración, esas son as dúas claves que necesita actualmente, segundo José Rivas Fontán e Juan Luis Pedrosa, o Concello de Pontevedra.

Comments are closed.