VILAGARCÍA> O sorteo da primitiva do sábado deixou en Vilagarcía case 14 millóns de Euros. O agraciado selou o seu boleto na Aministración de Rey Daviña. O premio é o máis grande da historia da comarca neste sorteo.
A noticia corría como a pólvora o sábado pola noite en toda a comarca. Un boleto selado en Vilagarcía era agraciado con case 14 millóns de euros na primitiva. O 3, 8, 20, 25, 30 e 38 era a combinación que todos buscaban nos seus resgardos. Dende a administracións móstranse moi emocionados por selar este boleto.
O agraciado selou o boleto de forma automática e cun importe de dous euros. Para probar se a sorte continúa, decenas de persoas facían cola hoxe na Administración número 2 de Vilagarcía.
A maioría iríase de viaxe, outros deixarían de traballar… Pero o único que poderá facelo é o ou os agraciados. O resto teremos que seguir probando sorte.