O PP aumentará as axudas aos clubs deportivos e non lles cobrará as instalacións

PONTEVEDRA> Os candidatos á alcaldía continúan achegando as súas propostas aos veciños. Rafa Domínguez mantivo esta mañá un encontro cos clubs deportivos da cidade no que trasladou o seu compromiso de entregarlles as axudas municipais en tempo e forma se conseguen gañar ás eleccións.

Un calendario especial para que os clubs deportivos cobren as axudas municipais en tempo e forma. Esa é unha das propostas do Partido Popular de cara ás eleccións municipais. O candidato á alcaldía comprometeuse esta mañá cos representantes dos clubs da cidade a incrementar ás subvencións e apoialos no seu traballo diario.

Os clubs deportivos denuncian a falta de axudas por parte do Concello e os  problemas que iso supón na súa actividade. Estas son algunhas das súas peticións.

Rafa Domínguez quere que a cidade siga albergando grandes citas deportivas como o Mundial de Tríatlon pero sen esquecer o traballo que realizan os clubs de cidade en seguir levando o nome de Pontevedra ao resto do mundo.