Os veciños de Monte Porreiro xa teñen soterrado o tendido eléctrico

PONTEVEDRA> O soterramento do tendido eléctrico de Monte Porreiro é xa unha realidade. Despois dun ano, o Concello, a Xunta e a Distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy deron hoxe por concluídas as obras coas que se retiraron dez torres e un quilómetro e medio de cable de alta tensión que sobrevoaba o barrio.

As numerosas reivindicacións por parte dos veciños de Monte Porreiro para que se soterrase o tendido eléctrico que atravesaba o barrio tiveron o seu froito. Tras un ano de obra, elimináronse dez torres e dous mil metros de cable de alta tensión.

Con estas obras, retiráronse do impacto visual as instalacións eléctricas, cumprindo así co compromiso que tiñan o Concello e a Xunta cos veciños do barrio. Un proxecto que non foi doado de conseguir.

Estas obras son o resultado dunha demanda histórica da veciñanza de Monte Porreiro. A inversión para este proxecto superou o millón e medio de euros.