Pontevedra> O concello de Pontevedra non acepta a modificación do proxecto sectorial de ENCE e polo tanto paraliza dito proceso. Unha decisión que se toma por tres razóns: a primeira, porque a empresa non facilita o consumo de auga que realiza anualmente, a segunda, porque tampouco se sabe a cantidade de verquidos que esta papeleira realiza na actualidade, e a terceira porque a cidadanía e a empresas deben de respectar o Plan De Ordenación do Litoral vixente.
Dende o concello de Pontevedra foron claros nesta xornada, non aceptan e polo tanto paralizan o actual proxecto sectorial de ENCE. Dende o concello consideran que a empresa non da resposta e non cumpre co actual Plan de Ordenación do Litoral.
Dende o Concello de Pontevedra teñen claro que continuarán loitando para que o novo Goberno Socialista do Estado anule a prórroga concedida a esta papeleira polo Partido Popular.