O alumnado do C.E.I.P. Rubiáns coñece Galicia

VILAGARCÍA> O alumnado do colexio de Rubiáns coñece Galicia a través da artesanía. A creadora galega Ana Miguéns ensinou hoxe ós máis cativos a crear xoias con filmo, unha especia de arxila.

Os máis cativos do colexio de Rubiáns espertaron hoxe a súa faceta máis creativa para elaborar diferentes xoias artesanais que non dubidaron en compartir.

A actividade realízase dentro do proxecto “Sabela coñece Galicia”. Un programa mediante o cal o colexio ensina cada ano ó alumnado diferentes temáticas. Este curso o popular esquío esfórzase para que os máis cativos coñezan Galicia. Para iso están levando a cabo numerosas actividades.

A artesanía galega chegou ós máis pequeno da man da artesá Ana Miguéns. A artista vilagarciá,  cuxas creacións están inspiradas na nosa terra, ensinoulles a facer xoias con filmo, unha arxila polimétrica similar a plastilina.

O profesorado do colexio de Rubiáns mediante as actividades realizadas xa ensinou ó alumnado a cociña, o turismo e os personaxes máis destacados da nosa comunidade. Nos vindeiros días serán os máis maiores o que coñezan a artesanía galega. Nas próximas semanas desenvolverán novos traballos para seguir coñecendo por completo a nosa terra.