CAMBADOS> Aprobada a reforma do campo de fútbol de Castrelo. O proxecto promovido polo Concello de Cambados ten un presuposto de máis de 280 mil euros e levarase a cabo na próxima lexislatura. A remodelación é vital para o futuro do Beiramar, o equipo da localidade.
O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra aporta neste ano a Cambados máis de 500 mil euros. Desa cantidade sairá unha partida para renovar por completo o campo de fútbol de Castrelo. A reforma dará respiro á masificación de equipos que xogan cada fin de semana no campo do Pombal.
Son moitas as melloras que se levarán a cabo no campo. A máis importante é no terreo de xogo, que na actualidade está impracticable, pasará de terra a herba artificial.
O equipo da localidade, o Beiramar, actualmente xoga os seus partidos no campo do Pombal. Segundo o seu vicepresidente, seguir xogando fora de Castrelo fai que o club perda afeccionados e patrocinadores, o que faría imposible que o club seguise existindo.
A obra está prevista que se execute no 2020 cunha duración de entre 3 e 4 meses.