O superávit permitirá a Noia poñer a débeda a cero

 NOIA> O concello de Noia eliminará a débeda viva durante o presente exercicio. As contas do pasado ano tiveron como resultado un remanente de tesourería de preto de tres millóns e medio de euros.

{flowplayer}barbanza/liquidacionnoia.flv{/flowplayer}

O equipo de goberno de Noia presentou o balance das contas do pasado exercicio. Un balance altamente positivo posto que reduce a débeda case á metade e arroxa un remanente de tesourería de tres millóns catrocentos noventa mil euros.

Estes bos resultados permitirán poñer a débeda do concello a cero xa que se destinarán novecentos setenta e tres mil euros para pagar os créditos financeiros.

Gasto xeral

Tamén se investirán oitocentos mil euros dese remanente en gasto xeral no que se inclúen algúns proxectos como o inicio do aparcadoiro subterráneo. 

En total, utilizaranse 2’2 millóns de euros posto que a lexislación estatal impide gastar a totalidade do remanente sen acollerse ó plan de saneamento, criterio que foi criticado polo alcalde noiés.

Redacción Barbanza