PONTEVEDRA> Coa conta atrás posta para ás eleccións municipais, as dúbidas sobre o que pasará este domingo comezan a ser latentes na cidade. Esta mañá saímos a rúa para coñecer a opinión dos pontevedreses sobre os posibles resultados electorais.
A cinco días de que se celebren as eleccións municipais, os pontevedreses comezan a preguntarse quen será o vindeiro alcalde da cidade. Algúns deles atrévense, incluso, a facer as primeiras porras sobre os resultados.
Un dos temas máis controvertidos é o posible ingreso de Vox na corporación municipal.
A postura dos partidos locais en relación ao futuro de Ence pode ser un dos asuntos que máis inflúa no voto dos pontevedreses.
Aínda que as enquisas consideran que o BNG será o gran gañador destas eleccións, haberá que esperar ata o domingo para saber se Lores continúa sendo o alcalde da cidade, o se, polo contrario, perde o apoio dos veciños.









