Deporte e diversión uniranse na quinta edición da Gladiator Race

PONTEVEDRA> Chega a Pontevedra a proba deportiva máis divertida e diferente da cidade. A Gladiator Race volve, na súa quinta edición, con máis obstáculos e co obxectivo de facer desfrutar, tamén, aos máis pequenos da casa.

A proba de obstáculos máis popular da cidade supérase. A Gladiator Race volve a Pontevedra con máis ganas de divertir a todos os veciños. Nesta quinta edición, os organizadores queren chegar a todos os cidadáns e por iso os asistentes poderán elixir entre a versión Rocket ou Warrior, segundo o seu nivel de forma física.

Unha proba xa consolidada na cidade e que este ano tamén espera enganchar aos máis pequenos.

O 1 de xuño a Cidade do Lérez acollerá este evento deportivo que cada ano supera as expectativas e que nesta edición espera volver a converter a Illa das Esculturas nun espazo de festa e de diversión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí