As festas de San Xenxo durarán dende o 24 de agosto ate o 5 de setembro

festas_sanxenxo_100_170807__still_001.jpgSANXENXO > A festa de San Xenxo foi presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Paz Lago, acompañada das raíñas

… e damas deste ano. As festas, que durarán dende o día 24 de agosto ate o 5 de setembro, contarán coa actuación da cantante Shaila Durcal e coa colaboración da actriz de Cámera Café, Carolina Cerezuela.

Este ano as elixidas para representar a Sanxenxo nas festas foron: Paula Gonález de 18 anos como raíña maior, Andrea Presas de Ourense como raíña turista e Noelia Pazos, de oito anos coma raíña infantil. As raíñas volven estar acompañadas por catro damas, dúas infantís: Andrea Ameneiro e Laura Vidal e dúas maiores: Vanesa García e Beatriz Souto.

As celebracións comezarán o día 24 co lanzamento do chupinazo pola alcaldesa, Catalina González, e coa lectura do pregón pola actriz do programa de Tele Cinco Cámera Café, Carolina Cerezuela. A concelleira de Cultura explicaba esta mañá que a elección desta actriz como pregoeira deste ano se baseaba no coñecemento e cariño que Carolina ten á nosa terra e en especial a Sanxenxo.

As festas continúan o 25 coa celebración do día do turista no que ademais de música na rúa, os asistentes poderán disfrutar da popular sardiñada no recinto portuario. Ás sete celebrarase a misa solemne en honra a San Xenxo seguida dunha procesión e ás 23:30 horas Shaila Durcal dará un concerto gratuíto na Praza do Mar.

As actividades alongaranse dende o día 24 de agosto ate o 5 de setembro. De entre as actividades destacar o día do neno que será o 2 de setembro e o día de santa Rosalía o 4 de setembro. Nesta festividade celebrarase a vixésimo quinta Feira da Cebola e ás 24:00 horas botaranse os fogos de artificio no tradicional espectáculo pirotécnico na praia de Silgar.

As festas rematarán o día 5 de setembro coa celebración da festividade da Virxe do Carme coa tradicional procesión marítima.

Redacción Salnés