287 tenistas no XXXI Torneo Santa Rita

VILANOVA> O Club de Tenis o Rial organiza o XXXI Torneo Santa Rita. No campionato participarán 287 tenistas. O evento terá lugar as tres primeiras fins de semana de xuño.

A vindeira fin de semana dará comezo a trixésimo primeira edición do Torneo Santa Rita. O evento o organiza o Club de Tenis o Rial coa colaboración do Mercantil de Pontevedra e DMSport. Esta edición conta con dúas novidades importantes en canto á data e ás categorías

Co aumento das probas e o crecemento do torneo, o número de participantes ascende de 214 a 287. O aumento de tenistas fai necesario que o Club do Rial colabore co Mercantil de Pontevedra para dividir as sedes e dar cabida a tódalas categorías.

Para que os partidos sexan disputados cada categoría estará formada por varias divisións.

O Club de Tenis o Rial estará representado por 30 tenistas. Tódolos participantes recibirán un agasallo e os campións de cada categoría, ademais, un trofeo. A entrada é gratuíta para tódolos públicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí