Os veciños de Monte Porreiro e Barro reclaman un pediatra nos seus centros de saúde

PONTEVEDRA> Os veciños de Monte Porreiro e de Barro convocan para mañá unha manifestación para esixir a reposición da praza de pediatría nos centros de saúde. Os dous barrios están sen este servizo dende o pasado 25 de maio e piden a Xunta de Galicia que tome medidas canto antes.

Máis de 1.300 rapaces de Monte Porreiro e de Barro carecen de pediatra. Os veciños xa non aguantan máis e esixen a Xunta de Galicia que repoña a praza que quedou libre o pasado 25 de maio pola xubilación dun facultativo.

A Xunta de Galicia xa anunciou que o servizo será reposto o 1 de xullo, sen embargo, o  portavoz da asociación de veciños de Monte Porreiro non cre que sexa certo.

Para mañá está convocada unha manifestación que sairá ás 20:00 horas dende o Concello de Barro e ás 20:30 horas dende Casa de Cultura de Monte Porreiro e que confluirá na Praza de España de Pontevedra. Os veciños aseguran que, de non solucionarse este problema, seguirán protestando o que consideran que é xusto, que é ter un pediatra para os nenos.