A Esdemga será a única escola española que participará na Graduate Fashion Week de Londres

PONTEVEDRA> A facultade de moda de Pontevedra volverá a representar a España na celebración en Londres da Graduate Fashion Week. Por terceiro ano consecutivo, a Escola de Deseño e Moda de Galicia, participará nun dos eventos máis importantes do mundo neste sector. E o fará coa colección que realizou a alumna, Paloma García.

A Escola de Deseño e Moda de Galicia volverá a subirse á pasarela da Graduate Fashion Week. O evento, que se celebrará en Londres do 2 ao 5 de xuño, recolle o traballo de 38 universidades británicas e de 44 centros de todo o mundo. Por terceiro ano consecutivo, a Esdemga será a única representante española nesta gran cita internacional.

Este ano, a Esdemga estará representada polos seis estilismos que integraban o proxecto de fin de estudos de Paloma García. “Frágil” é o nome desta colección que se caracteriza por ser un traballo autobiográfico, melancólico, divertido, e un pouco caótico.

O traballo da Esdemga foi tan importante que incluso lle pediron unha ampliación.

Un paso máis para deixar o pavillón alto coa moda galega.