Pontevedra xestiona o programa Redeaxuda desde as perruquerías

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra ven de presentar a campaña solidaria, que este ano centrará as labores de recadación de fondos nas perruquerías do casco urbano. Co obtivo procurarase que familias necesitadas teñan o preciso na súa mesa de Nadal. O Concello de Pontevedra comezará a vindeira semana cunha nova campaña solidaria de cara ó Nadal na que intentarán que ás mesas de determinadas familias sen recursos non falten as viandas típicas destas datas, e mesmo que os Reis e o Pai Noel non se esquezan de pasar por estes fogares. O curioso do plan Redeaxuda deste ano é que serán as perruquerías, barberías e salóns de beleza os lugares onde se recadarán as axudas cas que posterioremente se realizarán as compras que precise cada fogar. Na Cidade de Pontevedra hai unhas 80 perruquerías asociadas, aínda que tamén poden acollerse a este acto solidario aquelas que non o estean. Abonda con acudir ás oficinas da Rúa Pardo Bazán para coller a información, publicidade e demais utensilios para a mesma. Non fai falla acudir a estes negocios a facerse un peiteado, pode irse alí exclusivamente a realizar a doazón que cadaquén poida. Amais, na vindeira feira de perruquería que se celebrará no recinto feiral pontevedrés tamén haberá un stand informativo desta iniciativa no que tamén se poderá participar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/perruqueria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/campana_nadal_rede_axuda.mp4{/flowplayer}