A Asociación de Sumilleres Gallaecia cata 200 viños da DO Rías Baixas

PONTEVEDRA> A Asociación de Sumilleres Gallaecia celebrou esta mañá a súa tradicional cata. Durante o evento, celebrado no Pazo de Mugartegui, 17 expertos valoraron un total de 200 marcas. Só os mellores caldos da Denominación de Orixe Rías Baixas conseguirán levarse este prestixioso recoñecemento.

O Pazo de Mugartegui acolleu esta mañá a tradicional cata para as Distincións Gallaecia. Neste evento, 17 expertos foron os encargados de valorar preto de 200 marcas da Denominación de Orixe Rías Baixas. O que máis sorprendeu a estes sumilleres foi as grandes elaboracións de añadas anteriores.

Os catadores destacaron o gran nivel deste ano. Con viños frescos, con bos aromas e sen variedades foráneas.

Para coñecer aos gañadores, a Asociación de Sumilleres Gallaecia realiza unha media con todas as puntuacións. De aí saen os mellores viños.

Os viños que obtivesen as mellores puntuacións nesta cata pasarán a formar parte das “Dinstincións Gallaecia”. O resultado darase a coñecer nos vindeiros meses.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí