A funeraria San Marcos aposta pola innovación e os servizos de calidade

PONTEVEDRA> A Praza da Peregrina foi o lugar elixido pola empresa San Marcos para presentar un novo vehículo fúnebre. A compañía pontevedresa quere seguir liderando o mercado e por iso aposta pola innovación e polos servizos de calidade.

A empresa San Marcos sempre estivo caracterizada por ter innovacións e adaptarse aos novos tempos. Por iso, a funeraria pontevedresa acaba de incorporar un novo vehículo co que pretenden resolver as demandas dos seus clientes.

Unha nova prestación que non repercutirá nos custes dos servizos da funeraria.

A empresa de Servizos Funerarios de San Marcos pretende, con esta nova aposta, seguir ofrecendo os mellores servizos aos pontevedreses.