VILAGARCÍA> Ahituvi presenta a X Ruta Concurso Destapa Vilagarcía. Esta edición celebrarase do 7 ao 16 de xuño coa presenza de 12 establecementos. Os hostaleiros esperan que se vendan máis de 800 tapas.
Do 7 ao 16 de xuño terá lugar en Vilagarcía a X Ruta Concurso de Tapas por Vilagarcía, Destapa Vilagarcía, organizada pola Ahituvi. Nesta edición participarán 12 establecementos e a oferta de tapas é moi variada.
Os clientes só necesitan o selo de 4 locais para optar aos diferentes premios. Os prezos tampouco cambian con respecto a pasada edición e varían entre os 2,5 e os 4 euros. O custo descende os dous días do tapeador.
O concello tamén colabora neste concurso, segundo aseguran, para fomentar ao sector que máis riqueza xera.
O evento completarase cun taller de cociña e co tradicional concurso de tiraxe de cañas. A asociación de hostaleiros espera vender máis de 800 tapas.