O Arosa prensenta ao seu novo “Benzema”

VILAGARCÍA> O Arosa incorpora ao dianteiro brasileiro Pedro Nogueira. A sétima fichaxe do equipo vilagarcián preséntase como un dianteiro ao que lle gusta ter moito contacto co balón. Con esta incorporación o presidente agarda loitar pola fase de ascenso.

A nova fichaxe do Arosa aportará fútbol e moita experiencia. O dianteiro brasileiro Pedro Nogueira, de 30 anos, ten un amplo recorrido en ligas de todo o mundo. Xa coñece Galicia tras militar no Boiro en 2ªB pero ademais xogou  na primeira división de países como Brasil e Holanda. Unha incorporación que ilusiona ao equipo vilagarcián.

O dianteiro asegurou que as referencias que lle deron tanto do club como da afección foi o que lle levou a incorporarse ao proxecto arosista. Preséntase como un ariete que aporta moito xogo ao equipo.

En canto o seu estilo de xogo, Pedro Nogueira defínese como un dianteiro ao que lle gusta entrar en contacto co balón, caer a bandas e dar saídas ao equipo.

Para o presidente esta é unha incorporación que lles axudará a estar o máis arriba posible.

Esta non será a última incorporación do Arosa xa que dende o club agardan cerrar ao longo desta semana a incorporación dun xogador de banda e dun medio centro.