As panaderías e pastelerías poden vender ao redor de 500 ovos e roscas coa celebración da pascua

VILAGARCIA> As panaderías prepáranse para o día da pascua. As tendas están adornadas estes días con ovos de distintos tamaños e formas. Cada panadería pode vender ao redor de 500 ovos e roscas.

O vindeiro domingo terá lugar o día da pascua. Día no que os padriños e madriñas agasallan aos seus afillados con diferentes doces. Os máis típicos son os ovos e os roscón e as panaderías xa están preparadas con numerosas ofertas ao gusto de todos os nenos e nenas.

O favorito dos nenos é nenas son os ovos de pascua. Os seus prezos varían segundo os tamaños.

Ademais do ovos tradicionais e os balón de fútbol, estes doces poden conseguirse de diferentes formas e con numerosos agasallos.

Outra doce protagonista destas datas é a rosca. As panaderías xa teñen case todas as reservas esgotadas para este produto que acaba degustando toda a familia.

A gran ilusión coa que se vive o día da Pascua na nosa contorna, fai que as pastelerías e as panaderías podan vender nestas datas ao redor de 500 ovos e roscas.

As pastelerías e panaderías aínda teñen ovos e rosca á venda, pero a demanda aumentara ao longo desta semana. Os padriños e madriñas que queiran escoller o agasallo perfecto para o seu afillado ou afillada este é o momento idóneo para ir mercalo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí