Chega o Superofertón de Noia Histórica

Uns vinte comercios de Noia Histórica participan dende hoxe ata o vindeiro domingo no Superofertón. Trátase dunha campaña comercial na que se oferecen rebaixas en artigos de ata un 80%.

Un total de vinte establecementos comerciais integrados na Asociación Noia Histórica participan dende hoxe e durante toda a fin de semana na campaña comercial do Superofertón. Na iniciativa, que chega este ano a súa sétima edición, as tendas participantes  ofrecen ós seus clientes grandes descontos, que en moitos produtos poden chegar ata un 80%.

Dende o Concello, que colabora nesta campaña, destacaron a importancia desta iniciativa, facendo unha chamada a acudir a Noia esta fin de semana a facer as súas compras.

Os establecementos participantes no Superofertón están identificados con cartaces específicos da campaña.