BOIRO> Entre outros aspectos dende a formación insisten na preservación do entorno do río, co repoboamento das árbores taladas a consecuencia do desenvolvemento das obras.
Boiro Novo pide ademais o arranxo da ponte existente na zona final do paseo, na zona de Barraña, onde se producen desbordamento. Tamén piden que se executen outras propostas presentadas por eles que fan referencia o arranxo da beirarrúa que vai cara a Abanqueiro e a construción dun carril bici que conectara a zona do río co casco urbano.