PONTEVEDRA> O novo espazo gastronómico do Mercado de Abastos será inaugurado o vindeiro xoves. No acto haberá obradoiros infantís, concertos en directo e unha sesión DJ. Ademais, o chef Pepe Solla será o encargado de presentar o evento.
El será o encargado de presentar o acto de inauguración do novo espazo gastronómico do Mercado de Abastos. Pepe Solla asegurou esta mañá que este novo gastroespazo é fundamental para o desenvolvemento económico da cidade.
A inauguración deste novo espazo levarase a cabo o vindeiro xoves a partires dás 20:00 horas. Unha cita moi esperada e na que haberá actividades para todos os públicos. Dende unha sesión musical cos DJ Santi Mille, Marcos Sonseca e Arturo Delgado, a un concerto en directo do grupo Bea Mazaira & Iago Marta e, por suposto, tampouco faltarán os obradoiros para os máis pequenos.
En total son 12 os postos que ocuparán este novo gastroespazo que, unidos aos dous bares de sempre, o Olmos Gastrobar e o Bar Praza, ofrecerán unha gran variedade gastronómica. Con venda de produtos elaborados no propio espazo e combinando a produción local, ecolóxica e gourmet con propostas máis exóticas.