A pontevedresa Setga participa nun programa que investiga o uso de bioplásticos nos espazos públicos

PONTEVEDRA> Investigar o uso de bioplásticos para deseñar espazos públicos. É o obxectivo do Programa Ambiance, un proxecto internacional no que participan nove empresas e centros tecnolóxicos europeos. Entre eles, a empresa pontevedresa Setga. A iniciativa conta con fondos europeos e un financiamento total de 4,5 millóns de euros. Os resultados exhibiranse en Pontevedra, nun showroom no primeiro semestre de 2024. Hoxe os participantes reuníronse na cidade pontevedresa.

A empresa pontevedresa Setga é unha das nove empresas e centros tecnolóxicos europeos que participan do Programa Ambiance. Unha iniciativa que investiga o uso de bioplásticos para deseñar os espazos públicos.

O proxecto conta con fondos europeos e un orzamento de 4,5 millóns de euros. Setga será a encargada da área de mobiliario urbano.

Hai presenza de investigadores de Grecia, Italia, Austria, Suíza ou España. Hoxe reuníronse en Pontevedra. A cidade acollerá un showroom no primeiro semestre de 2024 no que se exporán os resultados do proxecto.

O Programa Ambiance tamén traballa no deseño dun novo céspede para instalacións deportivas ou paneis para a construción dunha marquesiña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí