VILAGARCIA> Vilagarcía vai demoler un vello inmoble, situado na contorna de Fexdega, para mellora-la seguridade viaria da zona. A casa, que agora é de titularidade municipal, atópsase en moi mal estado. De feito, dende hai meses son frecuentes as queixas dos veciños pola presenza de okupas.
A actuación serve de complemento do plan de mellora integral das rúas situadas na contorna de Fexdega. A intención de Ravella é botar abaixo este inmoble para mellora-la seguridade viaria da zona.
A casa é de titularidade municipal dende o falecemento do seu propietario grazas a unha cesión urbanística. Unha vez revisada polos técnicos, chegouse á conclusión de que non merece a pena mantela en pé.
O goberno local tamén se inclina pola demolición para atallar outro problema: rematar de raíz coas okupacións que se veñen rexistrando nos últimos meses e que traen de cabeza ós veciños. Ravella tapiou os accesos á casa, pero os particulares inquilinos seguían accedendo ó seu interior trepando ata o primeiro andar.
A demolición desta casa será abordado mañá en Xunta de Goberno. O proxecto permitirá abri-la curva da interseccións, gañando visibilidade os condutores. Tamén se prevé a construción de beirarrúas.