A Pobra pon en marcha un novo itinerario formativo sobre aplicación de fitosanitarios

A POBRA> Na súa aposta pola formación eminentemente práctica, o concello da Pobra oferta dous novos cursos relativos á aplicación de produtos fitosanitarios. Estas accións, financiadas pola Consellería do Medio Rural, buscan favorecer a empregabilidade no sector primario a través dunha mellor cualificación laboral.

O novo itinerario formativo que pon en marcha o concello da Pobra componse de dous módulos: un curso de manipulador de produtos fitosanitarios e outro relativo á normativa sobre o uso sanitario destes produtos na produción agrícola.

Trátase de accións encamiñadas á cualificación laboral no sector primario que ademais son imprescindibles para a posta en marcha de explotacións agroecolóxicas.

O curso impartirase do 13 ó 17 de xuño en horario de mañá e o 28 de xuño en horario de tarde. O día 20 terá lugar o exame para a obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios. Os interesados poden inscribirse, de balde, ata o día 19 de maio a través do rexistro do concello. O número de prazas é de 20 que se concederán por orde de entrada da solicitude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí